venres, 1 de novembro de 2019

Un pouco de lectoescritura

O mércores da última semana de outubro, a asamblea da mañá durou máis do previsto. Xurdiu unha gran curiosidade polo fonema /ch/ e non puidemos deixar pasar a ocasión 😅
Cada un comezou a dicir todas as palabras que se lle ocorreron coa CH e, para non olvidarnos de cantas estaban xurdindo, decidimos que cada un anotara a súa.
Algún precisou axuda...normal! 🤷‍♀️ Pero o resto de compis non dubidou en botar unha man... dímonos conta de que é difícil axudar sen dicir a solución! Así que traballamos a competencia lingüística, o autocontrol, a paciencia, a atención e o cooperativismo 💪 (Profe Isis)





1 comentario:

  1. E imagino que fue Santiago el que escribió el nombre de su padre... Qué ilusión. ;-)

    ResponderEliminar