mércores, 6 de novembro de 2019

Mesa de luz

Agora que por fin temos persianas estou pensando en adquirir unha mesa de luz. Pareceme algo innovador, educativo e por que non dicilo... Imprescindible nun aula de infantil.



A forma que temos para obter diñeiro na nosa aula e participando a través de diversos programas. Este ano Rosa máis eu non tivemos a oportunidade, pois xa participamos o ano anterior e grazas a eso conseguimos as pizarras dixitais(inda que na nosa clase a nova chegou cunha abolladura e estamos pendentes de que traigan outra nova) e este ano deixamos as outras clases de infantil que participasen para que elas tamén puideran ter unha PDI.

Estiven vendo titoriais para facela mesa cas miñas propias mans... E igual no verán pido axuda e me ánimo a facela.

Deixo un enlace onde podemos ver varias actividades que podemos facer con ela (por si algunha familia se anima a facela para a súa casa ou algunha compañeira para a súa clase)

https://montessorimami.com/40-actividades-caseras-para-la-mesa-de-luz-materiales-top-imprimible-gratis/


E aquí vos deixo o titorial de como facela

https://m.youtube.com/watch?v=sNDL8_f4CU8


Ningún comentario:

Publicar un comentario