As mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. Este ano seguindo todas as opinións dos cadernos decidimos engadir un libro - audio. Ademais, decidimos incluir material pedagóxico para os pais en todos os cursos.
Revisamos o material que ia en elas, cambiamos o material estropeado por novo material.
Escollimos novos libros para certas mochilas descartando os que non funcionaban, según nos ia comentando o alumnado. Por iso vosa opinión é fundamental.
Tedes moito material para traballar ao longo dunha semana (é imposible levalas dúas semanas por que non a poderían ver todos os nenos) . Se que son moitos libros, non é necesario ver todos, se non que debedes escoller os que máis vos interesen.
Trátase dunha actividade para disfrutar en familia, adicándolle cada día un ratiño a lectura e fomentar en vosos fillos hábitos lectores.
Este ano como novidade no caderno de bitácora pedimos a vosa axuda para poder levar a cabo o noso proxecto anual. Lede ben as instruccións que van nel, e todos os luns cando revisemos todo o contido da biblioteca, aproveitaremos para ver, ler e argallar nas historias que nos contedes. Precisamos que todos participedes para así poder aprender moitas cousas sobre "As nosas tradicións".
Este caderno acompañaranos ao longo de toda a nosa vida escolar (ata sexto de primaria, pois parécenos un bo recordo botar unha ollada ao pasado cas cosas que imos escribindo e contando nel)
Recordade pois:
-as mochilas saen de luns a luns, é importante non esquecerse de traela de volta o luns.
-este ano tedes que completar o caderno de bitácora para axudarnos no proxecto de centro.
-a vosa opinión sobre a mochila é fundamental para seguir crecendo no noso traballo bibliotecario. (aproveitade cando as entreguedes de facer os comentarios oportunos)
-e por último, coidade moito o material.
Espero que desfrutedes de la mochila coa mesma ilusión coa que a preparamos.
Apertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario