venres, 1 de novembro de 2019

Semana do Samaín

Esta foi a merenda terrorífica que preparamos xunto coa profe Rosa todos os de 6° de Infantil.
Tamén nos maquillamos (foi super divertido cando nos pintamos as cellas de negro 🤣) e fixemos un pequeno agasallo-recordo para levar para casa. Despois saímos ao patio cuberto a desfilar diante das familias cos nosos disfraces de vampiros ou "vambiros" como algúns prefiren 😅. (Profe Isis)








En plena semana do Samaín, unha mañá de choiva, sumerxímonos no conto de "Los fantasmas no llaman a la puerta".
Tratamos o tema do medo, pero tamén o da amizade. Logo debuxamos o noso propio pantasma, pero como dixemos que eran brancos, tivemos que buscar cartulinas negras...senón non se ían ver!
Luna ata debuxou a súas pegadas, Xandre non se conformou con un, así que fixo 11!! E Ruth acompañou ao seu pantasma cunha cabaza e un vampiro terrorífico 🎃 (Profe Isis) 




2 comentarios:

  1. Es que cuando Xandre se pone hace todo a lo grande....11 nada más y nada menos jajajaja ;-)

    ResponderEliminar
  2. Gracias por preparar estas fiestas con tanto cariño. Llenàis las mochilas de nuestrxs niñxs de recuerdos preciosos.

    ResponderEliminar