mércores, 19 de maio de 2021

Horto

Hoxe estreamos o noso horto... Prantamos leitugas e tomates cherry. Chegaran a bo porto?

Non hai moitas fotos, é compricado prantar, atender aos peques e sacar fotos 🤪







martes, 11 de maio de 2021

Granxa Kiriko

E por fin chegou o día... Dende marzo do 2020 a nosa vida cambiou por completo e a vida no cole moitísimo. Os nenos tiveron que adaptarse a novas normas, novas medidas... E sobre todo perdémonos moitísimas cousas. O cole é divertido, intentamos aprender xogando e interaccionando cos nosos compañeiros. Pero este ano faltáronnos moitos obradoiros, moitas saidas e moitas experiencias por vivir e compartir.     Pero hoxe, hoxe foi un día moi especial. A primeira saida que se fai dende o cole ( este mes e ata fin de curso temos unha morea de saidas programadas para todos, de feito nos seguramente tengamos unha máis) 

 

Emocionados collimos o autobús, pasamos polo barrio e todos emocionados contaban onde vivían, encantoulles a ponte de rande e as bateas. O chegas ao noso destino convidáronnos a galletas para o almorzo e fumos visitar moitos animaliños: cabras as que tocamos e lle dimos de comer, galiñas, ovellas, vacas, cabalos, burros... Montamos a cabalo, fixemos galletas, fumos ao horto, regamos as prantas, prantamos lentellas, fixemos manualidades... E chegamos rendidos, tantos que xa viches o que costou baixalos do autobús. 


A felicidade que lles vin hoxe non ten prezo e a verdade que portáronse tan ben, tan ben 😍😍 foi unha gozada.