Tiña tantas ganas de ver os pequenos que non puden resistirme para dar unha pequena volta hoxe polo cole, aproveitando que tiñamos festa.
Que ilusión me fixo ver os peques, están enormes, a Mateo xa case non lle sirve o metro que temos na clase, teño que conseguir un máis grande e Santiago pegou un estirón enorme.
Hoxe agasalláronme con apertas, algunha bronca por seguir malita , historias e máis apertas. Logo baixamos o patio cuberto (a pista) e alí visitounos Corina Porro, animou a festa Barafunda, soltamos Pombas, fixemos unha cápsula do tempo (eu o estar de baixa non me sacaron foto... Pero dou fe de que estiven aquí jaja, inda que non esté dentro da cápsula), bailamos, tiramos confeti...
E eu aproveitei para visitar a exposición do cole, que está precioso con esas fotos antiguas, xogos tradicionais,... gustoume moitísimo.
A festa continúa esta tarde pero eu non estou para máis folgos. Asi que vos deixo as fotiñas da exposición do cole.
Saimos na prensa:
https://www.noticiasde.es/galicia/corina-porro-celebra-o-70-aniversario-do-ceip-o-pombal/
https://www.noticiasvigo.es/corina-porro-celebra-o-70-aniversario-do-ceip-o-pombal/amp/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2019/11/23/tintero-tableta-70-anos/0003_201911V23C4991.htm
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/pemios-musica-palomas-70-anos-pombal/20191123014020740813.html
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44986/corina-porro-celebra-70-aniversario-del-ceip-pombal?langId=es_ES
Na televisión (minuto 12.30)
https://www.dailymotion.com/video/x7occiq
Na radio (minuto 43,43)
https://www.cope.es/emisoras/galicia/pontevedra-provincia/vigo/audios/mediodia-cope-vigo-22-11-2019-20191122_930414
PD. Aproveitando o tema do 70 aniversario cada clase de Ed. Primaria foi adoptada por un autor.
As clases de infantil seguimos cos mesmos nomes, pero cambiaron o letreiro da nosa porta. Mirade que chulo quedou
Ningún comentario:
Publicar un comentario