Vigo, 30 de marzo de 2020
Estimado alumnado,
estimadas familias:
Antes de nada todo o
profesorado queremos transmitirvos todo o noso apoio e ánimo nestes momentos
tan difíciles.
Damos conta de diversas
informacións que lles poden resultar útiles:
1. SEGUNDA AVALIACIÓN. Ata o día de hoxe a Consellería mantén o
calendario escolar, polo que a segunda avaliación levarase a cabo tal e coma
estaba prevista. O venres 27 de marzo pola tarde recibimos instrucións da
Consellería na que se nos instaba a poñer as notas da 2º avaliación.Non serán
avaliados os contidos tratados telemáticamente dende o 16 de marzo, data de
inicio do confinamento. O referente da avaliación será o traballado ata o
momento da suspensión das clases. Polo tanto este período abrangue dende o 8 de
xaneiro ao 13 de marzo de 2020. A partir das 15:00 horas do venres 3 de abril o
boletín informativo poderedes velo a través da aplicación gratuita ABALAR
MOBIL. Por iso se non tendes instalada a aplicación animámosvos a que o
fagades.
Nota sobre
ABALAR MÓBIL: é necesario instalar esta aplicación nos vosos dispositivos móbiles. Para
que funcione é preciso que na base de datos do centro estea ben posto o número
de teléfono que ides empregar.
2. SEMANA
SANTA: Dado que o calendario escolar sigue vixente, o 3 de abril comezarán ás
vacacións de Semana Santa reanudándose o período lectivo o martes 14 de abril. Durante esta semana non subiremos novos
contidos aos blogs nin á web.
3. 3ª AVALIACIÓN: Como somos e
sodes conscientes as clases continuarán a ser virtuais mentres a administración
non decida o contrario. Xa vos iremos informando de cómo o iremos facendo.
4. O CENTRO, ata nova orde de Inspección
e Consellería, permanecerá pechado para calquera tipo de xestión presencial.
Todo o claustro está a traballar para tentar
que esta situación extraordinaria repercuta o menos posible no noso alumnado.
Agradecemos a comprensión ante unha situación que é nova para todo o mundo. No
comezo do terceiro trimestre daremos conta da forma de desenvolvemento do
mesmo. Por último agradecemos que lle deades a máxima difusión posible (web,
blogs, whatsapp,…) a este comunicado.
Co desexo de que todas e todos esteades nas
mellores das condicións e cos maiores dos ánimos, recibide un cordial saúdo.
Moitas grazas.
O CLAUSTRO DO CEIP PLURILINGÜE O POMBAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario