xoves, 26 de marzo de 2020

kalandraka (videocontos en galego)

A editorial Kalandraka achéganos a seguinte mensaxe:

Vivimos momentos excepcionais nos que as circunstancias nos obrigan a permanecer na casa. Por iso, dende Kalandraka queremos compartir con todos e todas vós esta iniciativa de "Contos Contados". Con ela, pretendemos trasladar o noso amor polos libros e pola lectura a todos os fogares.
 
Premede no enlace http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33 para acceder á sección da nosa canle na que, diariamente, e na medida das nosas posibilidades, irán aparecendo algúns dos contos editados ao longo destes anos. Convidámosvos a que os compartades coas vosas familias e tamén coas dos vosos alumnos e alumnas. Porque, nestes tempos, a palabra é máis necesaria que nunca.
 
Unha forte aperta e coidádevos moito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario