venres, 17 de decembro de 2021
domingo, 31 de outubro de 2021
mércores, 19 de maio de 2021
Horto
Hoxe estreamos o noso horto... Prantamos leitugas e tomates cherry. Chegaran a bo porto?
Non hai moitas fotos, é compricado prantar, atender aos peques e sacar fotos 🤪
sábado, 15 de maio de 2021
martes, 11 de maio de 2021
Granxa Kiriko
Emocionados collimos o autobús, pasamos polo barrio e todos emocionados contaban onde vivían, encantoulles a ponte de rande e as bateas. O chegas ao noso destino convidáronnos a galletas para o almorzo e fumos visitar moitos animaliños: cabras as que tocamos e lle dimos de comer, galiñas, ovellas, vacas, cabalos, burros... Montamos a cabalo, fixemos galletas, fumos ao horto, regamos as prantas, prantamos lentellas, fixemos manualidades... E chegamos rendidos, tantos que xa viches o que costou baixalos do autobús.
A felicidade que lles vin hoxe non ten prezo e a verdade que portáronse tan ben, tan ben 😍😍 foi unha gozada.
sábado, 1 de maio de 2021
venres, 30 de abril de 2021
Biblioteca X.Neira Vilas
Xa que este ano non puidemos ir a biblioteca do noso barrio, a biblioteca veu a nos.
As bibliotecarias da Biblioteca X. Neira Vilas viñeron cargadas cunha maleta cheiña de contos... Contos de villanos ( co que nos gustan a nos os villanos e os supeheroes).
A sesión de contacontos foi todo un éxito.
Grazas 😊