Nada más chegar ao cole, comenzaron os aniversarios de este ano 2020. Xa imos camiño todos dos 6 anos (e pensar que cando chegaron ao colexio algúns inda tiñan 2 aniños)
Son os nosos últimos aniversarios xuntos, xa que nuns mesiños graduaranse nesta etapa da Educación Infantil para converterse en nenos e nenas "maiores" e comezar a Educación Primaria.
Neste aniversario cada quen decidiu facer ou ben individualmente, ou ben por grupos unha tarta ou agasallo en plastilina para Alex, que escolleu a que tiña forma de corazón para poñer a súa vela e pedir un desexo... Que por certo, chegoume a alma, pois pediu que a súa nai fora sempre moi feliz.
Meu pequerrecho inda que é un fedelliño, ten un corazón de ouro.
Parabéns o neno máis maior da nosa aula.
Parabèns, Alex!!. Qué desexo máis bonito...
ResponderEliminar