mércores, 4 de decembro de 2019

Interesante artigo sobre as bibliotecas escolares

https://www.faroeduca.es/faro-educacion/suplemento-03122019/plan-lia2-bibliotecas.html

Estos son os cambios que se están producindo nas escolas. Sobre todo no rural pois é onde a consellería manda máis cartos. No noso cole estamos loitando por, paseniño a paseniño, lograr estos cambios significativos.
Como ben sabedes a biblioteca Castelao está pechada, non haberá grandes cambios pero, pouco a pouco, queremos facela máis funcional e práctica. Que se converta nun lugar acolledor, tanto para a búsqueda de información relacionada co proxecto que levamos a cabo, como para a lectura informal, un espazo de aprendizaxes, un lugar de encontro con autores,...
Ao longo do ano pasado e de este, estamos introducindo pequenos cambios como os recreos bibliotecarios, o club de lectura e este ano volvemos co teatro.
Ampliamos o número do noso alumnado bibliotecario e temos moitas ideas novas para que nos axuden (dende ver a biblioteca como algo solidario a participar en novas dinámicas de animación a lectiura) . A miña volta toca darlle caña a este recuncho e a ese pequenos bibliotecarios para ir sacando adiante todo o que hay programado.
Queremos formar a radio na biblio pero atopámonos con moitos problemas, dende o problema do espazo ata a negación por terceira vez na participación no proxecto radio na biblio que é a cal ofrece os cartos, pero ata agora tiñan preferencia os coles do rural (de todas formas xa fumos mercando o material máis importante) polo que ao longo deste curso ou do próximo esperamos ter a nosa radio.
Tamén montaremos un pequeno estudo de gravación e un pequeno recuncho que invita ao relax onde poder leer un ebook, ollar unha revista ou disfrutar dunha sesión de música. (os poucos polo tema do diñeiro. Sen diñeiro por moi bonitas que sexan as ideas non se poden facer).
Este curso estamos mercando moitos libros inclusivos, para atender a diversidade do noso alumnado, novos xogos de mesa para os nosos recreos bibliotecarios, tablets para ollar libros en realidade aumentada...
En canto o espazo maker, este tardará un chisco en chegar. Pero algún día chegará.


Ningún comentario:

Publicar un comentario