sábado, 10 de marzo de 2018

Poesías feitas polo alumnado de 1ro de EP

O alumnado de primeiro de primaria elaborou unhas poesías partindo da poesía orixinal de Rosalía de Castro e quixeron compartila con nos.

Patios dinámicos polo día da muller

Baixo o lema " MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA E SEGUE O RITMO DA IGUALDADE" todo o alumnado do centro organizamos un baile na hora do recreo pretendendo defender de esta maneira actividades de lecer diferentes e igualitarias onde tanto homes como mulleres participen e disfruten.

Semana da prensa

No cole montarón un kiosko para a compra de periódicos, todas aquelas familias que participaron mercaron un, por un simbólico prezo de 60 centimos.

Ademais na aula estamos a traballar as partes do periódico, a explicar o seu uso, vemos o
tempo...

Gañadores do concurso das cartas de amor

Nas clases de tres os gañadores do concurso das cartas de amor son: Martín, da clase de Rosa e Santiago da nosa clase. Parabéns!!!

mércores, 7 de marzo de 2018

Sofía Pérez Casanova

Coñecemos a primeira muller corresponsal de guerra. Aproveitamos que foi periodista para traballar as partes dun periódico pois a semana do 5 ao 9 de marzo adicámola ao estudo de diferentes mulleres importantes na nosa historia e a semana da prensa.

Informatizándonos

Iniciámonos no uso dos ordenadores de maneira individual ⌨🖱

Traballamos o trazo circular e a lectoescritura na pizarra


Preparando todo para o 8 de marzo

Este 8 de marzo o alumnado de Educación Infantil está elaborando a decoración do baile que imos facer o 8 de marzo todos xuntos no patio, baixo o lema "MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA E SEGUE O RITMO DA IGUALDADE"

Divertidísimo

En días de sol que mellor que disfrutar do noso patio coas bicicletas e os monopatíns. A profe Sara tamén volveu a ser unha nena por un día.

Fabricamos neve na clase

Con un pouco de espuma de afeitar e algo de bicarbonato (polvos máxicos) pasamos un día moi divertido 🌨☃️❄

xoves, 1 de marzo de 2018

Estimulación da linguaxe

Estimulamos o aparato fonatorio cos contos favoritos dos nosos cativos, traballando praxias, emocións, vocabulario...

Memory

Que boa forma de traballar as habilidades de pensamento que cos xogos de toda a vida... hoxe toca un memory.

Enriquecemos os nosos coñecementos

A través de diversos xogos traballamos diversos conceptos lóxico-matemáticos.

Rosalía de Castro

O 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. Esta semana estamos aprendendo algunha cousiña sobre ela: Algo sobre a súa vida, escoitamos a canción de Adiós ríos, adiós fontes de Amancio Prada e estamos a traballar a lectoescritura no poema Parece unha rosa.