venres, 29 de decembro de 2017

Actividades lúdicas para facer cos peques

Deíxovos esta páxina web, moi interesante para programar actividades ao longo de todo o ano cos vosos peques. Espero que sexa do voso interese.

http://www.littlevigo.com/

Resumo do primeiro trimestre






Rematado o primeiro trimestre déixovos un vídeo con algunhas das actividades que realizamos ao longo destes tres meses, desde os nosos primeiros días no cole, onde nos adicamos a poñer a clase ao noso gusto e a coñecer rutinas e normas, ata o noso festival de Nadal, que espero que o gozásedes coa mesma ilusión coa que o preparamos. Neste tempo, os nosos pequenos terminaron de cumprir todos os tres anos, celebrando así os aniversarios de Sara Rodríguez (coñecida por todos os seus compañeiros por Sarita, pois sabedes que en clase somos unhas cantas Saras e temos que diferenciarnos), despois estiveron de aniversario Victoria e Sofía e o último cumpre que celebramos foi o de Santiago. Xa estamos impacientes por celebrar os aniversarios do ano que ven, nos cales nos converteremos en mozos de 4 anos e é que a aventura da vida pasa moi rápido. Neste primeiro trimestre aprendemos moitas cousas, as letras, sobre todo a dos nosos nomes e a dos compis e aos poucos aprenderemos a escribilas, realizamos o proxecto do outono e das cores e xa nolo sabemos case todos, traballamos as formas xeométricas, estamos a iniciarnos no conteo e todo iso a través de diferentes técnicas: picar, rasgar, uso de pinceis, manexo do lapis, uso de materiais da natureza... Ademais, este trimestre veu cargado de festas como o Magosto e o Samaín, fomos ao horto para plantar landras para na primavera poder repoboar os nosos bosques que tanto sufriron cos incendios deste outono. Noutra banda, aprendemos a usar a nosa biblioteca do cole e o máis importante, cada vez somos máis autónomos e independentes e entre todos axudámonos moito. Por todo isto, os peques de 3 anos B e a profe Sara deséxanvos FELIZ ANINOVO. Estamos listos para comezar a aventura que nos depararán estes 365 días do 2018 :)

mércores, 6 de decembro de 2017

As nosas mestras

Este ano temos moitas actividades dentro da nosa xornada:

- Música os Luns, impartida pola profe Tere.

- Inglés, os Martes e Xoves, coa profe Rebeca.

- Psicomotricidade, Mércores e Vernes, coa profe Belén.

Ademais, temos clases de Relixión impartidas pola profe Montse (encargada tamén da biblioteca do noso cole)





Ou clases de atención educativa, das que se encarga a profe Marita, a cal tamén é a nosa profe de apoio na aula.


O resto da xornada os peques están a cargos da súa titora, a profe Sara.







Comezamos andaina!!!!

Comezamos andaina!!!!
Os vosos peques comezan a súa aventura no cole do Pombal por primeira vez (igual que eu neste centro educativo).
Aterramos na aula dos Parrulos, a clase de 4º de Infantil B, máis coñecida como a clase de 3 anos B. Somos 15 pequenos moi diferentes, pero todos coa mesma ilusión de crecer felices, así que sen máis leria imos presentarnos